A ACR Fervenza de Sargadelos celebra o Día de Rosalía con música, tradición e lectura colectiva

AMariñaXa
O evento terá lugar o 16 de febreiro no Café Bar Cultural A Sacabeira e incluirá unha palestra-concerto de Branca Villares
dia-rosalia-sacabeira-cervo-2025
13 Feb 2025

O vindeiro 16 de febreiro, a ACR Fervenza de Sargadelos conmemora o Día de Rosalía cunha xornada de celebración no Café Bar Cultural A Sacabeira. A partir do mediodía, as persoas asistentes poderán degustar o tradicional caldo de gloria, unha receita vinculada á figura de Rosalía de Castro.

Pola tarde, ás 18:00 horas, a profesora de canto tradicional e revisionista de coplas Branca Villares ofrecerá unha palestra-concerto titulada "Por que cantan as mulleres?", na que afondará no papel da música e do canto feminino na nosa cultura.

Para pechar o evento, convidarase a todas as persoas presentes a participar na lectura colectiva do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), reafirmando así o compromiso coa lingua e coa figura de Rosalía.

0.072687864303589