A ACR Fervenza de Sargadelos acolle unha exposición polo Día Mundial da Protección da Natureza

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Co gallo do Día Mundial da Protección da Natureza, a ACR Fervenza de Sargadelos inaugura, o 18 de outubro ás 12 horas, a exposición Galicia, conservando a natureza na Sala de Exposicións do Complexo Histórico-Artístico de Sargadelos.
pinpon
15 Oct 2020

A mostra ten como obxectivo concienciar a poboación da importancia e da preservación do medio natural, a través de 22 paneis didácticos sobre a diversidade e singularidade dos espazos naturais protexidos declarados no territorio galego.

Poderá visitarse ata o 7 de novembro de luns a venres de 17 a 20 horas e os sábados e domingos de 12 a 14 e de 17 a 20 horas.

0.163419008255