A ACD Xove organizou un proxecto mediambiental xunto coa Fundación Alcoa
A ACD Xove organizou un pequeno proxecto mediambiental xunto coa Fundación Alcoa que consistiu na colocación de paneis informativos, de sinais de dirección, de bolardos de seguimento de ruta, e nunha recollida de residuos, nas inmediacions de Punta Roncadoira e do Faro Roncadoiro en Portocelo.
Na actividade participaron máis dunha treintena de persoas, entre voluntarios de Alcoa, colaboradores, e socios da ACD Xove.
Pola realizacion deste pequeno proxecto, a Fundacion Alcoa, donará á asociación a cantidade de 3.000 dolares, en concepto de axuda para as súas actividades.
Dende a organización destacaron “a colaboración total do Concello de Xove, tanto de forma económica,como de infaestruturas e personal”, e tamén quixeron dar as grazas a todos os voluntarios e participantes colaboradores, que fixeron posible o proxecto.