A ACD Xove organiza unha celebración polo seu XX aniversario
AMariñaXa
A Asociación Cultural e Deportiva Xove ten previsto celebrar o domingo 12 de xuño a clausura da tempada e a celebración do seu aniversario.
6 Jun 2022
A Asociación Cultural e Deportiva Xove ten previsto celebrar o próximo domingo 12 de xuño a clausura da tempada e a celebración do seu vixésimo aniversario.
Será unha xornada de actividades dirixida tanto a pais como a rapaces e poderán desfrutar dunha andaina pola ruta dos Muíños, un xantar campestre na área recreativa da Ponte do Carro e animación musical.
Ademais contarán con xogos populares como son os zancos, carreiras de sacos, tiro á corda, chave, raniña... inchables para os máis pequenos, e xogos deportivos para todas as idades.
As inscricions están abertas e para máis información pódese chamar ao teléfono 618 976 159 ou na web da asociación, www.acdxove.com.