A acción do PlanctON reivindica a importancia da educación ecolóxica e a participación comunitaria

AMariñaXa
Veciñanza, mariscadores e colectivos sociais únense para limpar as praias de Perdouro e A Marosa dentro do PlanctON, en defensa da biodiversidade mariña
Burela-Villares-Carmela-Basilio-PlanctON-2025
SD Burela, CB Burela e CD Burela FS colaboran compartindo cantina
25 May 2025

O mar, fonte de vida e identidade para Galicia, foi protagonista esta fin de semana nunha xornada de coidado e compromiso ambiental nas praias de Perdouro e A Marosa, en Burela. Alí tivo lugar unha acción de limpeza mariña promovida polo Plan de Conservación Territorial-ON (PlanctON), unha iniciativa impulsada por Afundación, a obra social de Abanca, en colaboración co sector marítimo-pesqueiro.

Ao longo da mañá do sábado, un nutrido grupo de voluntarias e voluntarios procedentes da Fundación Eu Son, da Asociación de Saúde Mental A Mariña, da Confraría de Pescadores de Burela e do Espazo +60 de Viveiro, traballaron arreo para retirar residuos e microplásticos que ameazan a vida mariña e a saúde dos ecosistemas costeiros. Acompañounos o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que quixo visibilizar coa súa presenza o apoio institucional a estas iniciativas que fomentan unha relación máis respectuosa co medio.

Villares subliñou que este tipo de accións "non só teñen un impacto directo na mellora ambiental, senón que educan, unen e empoderan á cidadanía, facendo dela parte activa na defensa da natureza". Engadiu que "conservar os nosos mares non é unha opción, é unha necesidade urxente e compartida, especialmente en espazos naturais protexidos como as Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), integradas na Rede Natura 2000".

O PlanctON nace precisamente coa vocación de reforzar a sustentabilidade das actividades económicas vencelladas ao mar e protexer a biodiversidade mariña en áreas de gran valor ecolóxico. A colaboración co sector pesqueiro é clave neste modelo, que busca conciliar a explotación racional dos recursos coa súa preservación a longo prazo.

Dende Afundación salientan que "accións como esta son o reflexo dun novo modelo de desenvolvemento, onde economía, cultura mariñeira e conservación ambiental van da man". En tempos nos que a contaminación mariña se converteu nun problema global, Galicia ofrece exemplos concretos de que outro xeito de relacionarse co mar é posible.

⚙ Configurar cookies
0.17496585845947