A académica e feminista Rosa Cobo presentará o seu libro 'Pornografía, el placer del poder' en Viveiro
Dende o Observatorio da Mariña Igualdade convida ao relatorio que terán o vindeiro 17 de novembro a cargo da académica e feminista Rosa Cobo.
Neste encontro, que será ás 20.30 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro, presentarase o seu novo libro Pornografía, el placer del poder, un relato sobre sobre as orixes da pornografía que pretende espertar conciencias e alertar sobre os efectos do seu consumo, así como sobre a súa efectividade á hora de construír un discurso e un imaxinario de violencia misóxino e de advertir sobre a relación directa existente entre a pornografía e a prostitución.
Este acto está organizado coa colaboración do Concello de Viveiro e ao que asistirá o Clube de Lectura coordinado pola Concellería de Cultura. As librarías da vila asistirán con exempalres do libro para súa venda.