A Academia A Mariña forma monitores de tempo libre cunha experiencia coa Escola de Minitalentos de Burela

En Burela, a Academia A Mariña está a desenvolver unha interesante experiencia formativa na que o alumnado do certificado profesional de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, máis coñecido como monitor de tempo libre, combina a teoría coa práctica directa.
Segundo explica Becky Hermida, directora da Academia A Mariña, “o alumnado pertence a cursos subvencionados pola Xunta de Galicia e, ao finalizar a formación, obterán a titulación oficial”. Durante este proceso, os estudantes aproveitan a oportunidade para interactuar con nenos e nenas da Escola de Minitalentos que tamén se desenvolve nas instalacións da Academia.
Esta metodoloxía práctica contribúe a que os futuros monitores adquiran habilidades reais para dinamizar actividades infantís e xuvenís, reforzando así a súa capacitación profesional ao tempo que aportan á comunidade local con actividades educativas e lúdicas.