A 43ª Festa da Troita da Pontenova xa ten Troitas de ouro

AMariñaXa
A 43ª Festa da Troita do Concello de A Pontenova, xa ten preparada a súa data de celebración que será o 30 de abril e 1 de maio.
troitas pontenova 1
2 Abr 2022

A 43ª Festa da Troita do Concello de A Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Turístico Deportivo Nacional, xa ten preparada a súa data de celebración que será o 30 de abril e 1 de maio.

A apertura para as inscricións do concurso de pesca modalidade lance comezará o día 17 de abril a partir das 20.00 horas e ata o día 23, haberá prazas limitadas aos primeiros 60 inscritos.

A directiva do Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova tamén propuxo que este ano a primeira Troita de ouro sexa entregada a Ignacio Rojo Herguedas, biólogo, editor e presentador do programa Caza y pesca de Movistar +.

Rojo é pescador e cazador, ademais dunha persoa moi comprometida co medio ambiente e o seu coidado. Tamén é o presidente da Asociación de Pescadores por la Conservación de los Ríos (APCR), unha  asociación non lucrativa que trata de conservar e fomentar os valores do medio natural e os seus habitantes nos hábitats acuáticos.

Ademais, deron a coñecer a quen entregarán outra Troita de Ouro na edición deste ano e trátase da Plataforma Veciñal Mina de Touro-O Pino Non. As razóns que argumentan para a concesión desta distinción son que esta plataforma conseguiu paralizar a reapertura da mina de cobre.

Xa a terceira será para Rubén Santos Becerro, de La Bañeza e campión de España de pesca a mosca, todo un experto na pesca dos salmónidos.

Así mesmo comunicaron que a orquesta Salsaarena estará o día 1 de maio nos actos de celebración.

En setembro da 2020 a directiva xa comunicara que o certame do salmón da Festa da Troita levará o nome de Concurso de Salmón Memorial Luís Moirón‘, en lembranza do compañeiro finado.

ROTEIRO.

Alén da 43ª Festa da Troita do Concello de A Pontenova, o CIT en colaboración co Concello organiza a II ruta Festa da Troita.

Esta andaina, que se celeebrará o 1 de maio, dará saída ás 9.30 horas coa concentración dos participantes na praza dos Fornos para a continuación subirse aos buses que os levarán cara a ruta.

A volta será ás 13.30 horas xunto coa finalización do concurso de pesca e así poderase proceder á pesaxe e clasificación das capturas polos pescadores.

Durante o percorrido da ruta poderase observar os lances efectuados polos pescadores participantes no concurso en todas as súas modalidades.

Para anotarse, antes do 29 de abril, haberá que formalizar a inscrición no email de turismo@concellodapontenova.org, no teléfono 982 342 101 ou 696 532 809 ou na propia oficina de turismo.

0.081386804580688