A 43ª Festa da Troita da Pontenova foi todo un éxito de participación

AMariñaXa
A 43ª Festa da Troita do Concello da Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego, foi todo un éxito de participación.
Pontenova Festa Troita 2023 14
2 May 2023

A 43ª Festa da Troita do Concello da Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Turístico Deportivo Nacional, foi todo un éxito de participación.

A cita comezou co pregón a cargo de José Luis Bruna Brotons, presidente dea federación Española de pesca e casting, e despois de este acto os visitantes puideron desfrutar de actividades e bailes.

Tamén se colocaron as Pedras de Honra no paseo do Pescador. Unha delas foi para o xornalista Xabier Fortes, que foi pregoeiro o ano pasado e que quedou encantado coa festa; a segunda para Guy Roques, un coñecido pescador francés, catedrático en Lingua Castelá e un dos personaxes fixos en calquera evento de prestixio no mundo da pesca; e a terceira para Antonio Pérez Henares ou Chani, conversador da televisión e escritor.

Asi mesmo déronse os esperados galardóns, as Troitas de Ouro, unha á Feira do salmón de Cornellana de Asturias, “polo coidado das tradicións, pola posta en valor da pesca como dinamizador económico e pola defensa da biodiversidade dos ríos do principado”. E a segunda foi a título póstumo a Troita de Ouro a Luis Moirón García, que tamén foi membro da directiva.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1781370639801