Renovado o firme da estrada LU-P-6104, que comunica Trabada con San Tirso de Abres

AMariñaXa
A alcaldesa de Trabada e s concelleiros supervisaron as tarefas de mellora e renovación do firme na estrada LU-P-6104
trabada estrada san tirso de abres
10 Xuño 2021

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García, e os concelleiros Julia Barcia e Rubén García supervisaron as tarefas de mellora e renovación do firme na estrada LU-P-6104, que comunica o municipio con San Tirso de Abres.

“Nesta estrada había uns blandóns provocados polo afundimento do firme en varios puntos da estrada, polo que era unha actuación moi necesaria para mellorar a seguridade viaria”, asegura a alcaldesa.

O orzamento das obras ascende a preto de 12.000 euros e son financiadas pola Deputación Provincial de Lugo, a titular da vía, unha das máis utilizadas polos veciños e veciñas.

“Dende o goberno municipal trasladamos esta necesidade no 2019 nunha reunión mantida co presidente da Deputación, ao que agradecemos a súa receptividade”, engade Mayra García.  

Durante este tempo, levouse ademais a cabo a segunda e terceira fase da pavimentación da estrada que une Trabada coa Augaxosa, a principal vía de comunicación coa capitalidade da provincia, quedando na súa totalidade aglomerada.

0.19337010383606