A aula cemit do Vicedo acollerá clases de informática

AMariñaXa
A aula cemit do Vicedo, situada na casa da cultura, acollerá clases de informática gratuitas para todos os niveis, adultos ou nenos.
informatica teclado tecnoloxia
3 Xuño 2021

A aula cemit do Vicedo, situada na casa da cultura, acollerá clases de informática gratuitas para todos os niveis, ven sexan adultos ou nenos.

Estas clases serán en horario de 16.00 a 18.00 horas para os nenos e de 18.00 a 20.00 para adultos de luns a venres. Pero teñen a aula dispoñible en todo momento para consultas puntuais.

Para participar haberá que inscribirse chamando ao 982 590 195 ou mandando un email a cemit.ovicedo@xunta.es. Tamén comeznará nas vindeiras semanas un curso sobre manexo de móbiles.

vicedo oinformatica
0.18558692932129