763 atletas participan hoxe na media maratón Ribadeo-As Catedrais

AMariñaXa
Hoxe celébrase a VII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. A carreira dará comezo ás cinco da tarde e nela participan 763 atletas.
VII media maraton ribadoe 2021 1
18 sep 2021

Hoxe celébrase a VII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. A carreira dará comezo ás cinco da tarde e nela participan 763 atletas. Todos os que completen o percorrido recibirán unha medalla conmemorativa xentileza de Acisa Ribadeo, que colabora deste xeito con esta proba.

Dos 763 participantes,  600 homes e 163 mulleres. Haberá cortes de estradas por onde pase a carreira, pero serán tempos curtos, entre quince e trinta minutos por zona. Debido ao protocolo da Federación Galega de Atletismo, cada vinte segundos sairán dez participantes.

Todos os participantes recibirán unha medalla pola súa participación.

VII media maraton ribadoe 2021
0.15868616104126