553 inscritos no Run Foz Run
O Club Atletismo Ría de Foz e o Concello de Foz organizan a XII Edición da Run Foz Run os días 14 e 15 de agosto de 2021 na que xa hai 553 inscritos.
O evento desenvolverase en tres fases diferenciadas, andaina cun máximo de 100 participantes, carreiras de categorías inferiores cun máximo de 50 atletas por categoría e a proba absoluta que terá un cupo máximo de 500 participantes.
"Poderán participar na categoría andaina, que será o día 14 de agosto, todo o mundo, e despois haberá categorías para a carreira popular que será o día 15", comunicaron.
"Sendo prudentes e responsables coa actual situación, e á vez enormemente ilusionados... abrimos as inscricións, este ano limitadas", engadiron, "temos moitas ganas, ademais haberá novidade e sospresas para todos".
Haberá cadetes, infantís, alevíns, benxamíns, pícaros e absoluta e todos terán que recoller o seu dorsal o día anterior no Cenima de Foz e excepcionalmente previo aviso o día da proba.
Para máis información pódese consultar a páxina web do evento.