50 estudantes do IES Perdouro visitan a Produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación

AMariñaXa
Coñeceron os diferentes departamentos como a redacción ou a sala de cámaras
burela-Visita-produtora-IES-Perdouro
15 Jan 2025

O alumnado do IES Perdouro de Burela coñece a Produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación. Así, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu a preto de 50 estudantes que fixeron unha visita polos distintos departamentos.

Puideron descubrir o traballo que se desenvolve dende o arquivo, a redacción, a sala de cámaras, as mesas de realización ou os platós. Rivera Capón deu a benvida aos participantes e destacou :“Agardo que desfrutedes desta visita didáctica na que coñeceredes de forma lúdica, práctica e divertida os labores que se realizan en cada un dos espazos da produtora”.

0.16260409355164