45 alumnos de Vegadeo visitarán Viveiro dentro do XV Foro Comunicación y Escuela 2023

AMariñaXa
O Concello de Viveiro participou no XV Foro Comunicación y Escuela 2023 que busca por en valor á comarca asturiana de Oscos-Eo na sociedade.
Viveiro XV FORO COMUNICACIÓN Y ESCUELA
31 May 2023

Viveiro é este ano un dos concellos que participan no ‘XV Foro Comunicación y Escuela’, baixo o lema ‘El valor del medio rural’, impulsado polo Instituto de Educación Secundaria ‘Elisa y Luis Villamil’ de Vegadeo.

O Concello de Viveiro terá mañá un papel protagonista coa visita dun grupo de 45 estudantes de 1.º de Educación Secundaria, xunto aos seus profesores, para desfrutar da actividade ‘Vegadeo-Viveiro: unidos por el tren’ que incluirá diferentes actos.

Tras ser recibidos pola alcaldesa María Loureiro no concello, coñecerán o casco antigo de Viveiro, declarado Conxunto Histórico Artístico, o porto de Celeiro, un dos portos pesqueiros máis importantes da cornixa cantábrica, e farán un traxecto no ViverTren que os levará ata Covas e os seus Castelos.

A alcaldesa de Viveiro agradece aos organizadores do foro que elixisen Viveiro para formar parte do programa e aplaude a continuidade deste proxecto que, dende o ano 2009, desenvolveu 763 accións en diferentes puntos de España e do estranxeiro, ademais de contar coa presenza de destacados poñentes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16784596443176