416 rapaces participan nas actividades de verán organizadas polo Concello de Ribadeo

AMariñaXa
416 rapaces participan nas actividades de verán organizadas polo Concello de Ribadeo. Onte disfrutaron dunha viaxe
Actividades veran ribadeo nenos
7 Xul 2022

O pasado luns, 4 de xullo, comezaron as  actividades de verán da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade nas que están a participar 416 rapaces e rapazas. Onte un grupo achegouse ata o parque acuático de Cerceda. 

Durante todo o mes de xullo e a primeira semana de agosto 416 rapaces e rapazas  gozarán das colonias Un verán de historia, da semana tecnolóxica e  do encontro xuvenil Ribadeo coa Mocidade.

Desde a Concellaría de Igualdade subliñan que “non esquecemos que as actividades e campamentos de verán forman parte da conciliación da vida laboral e familiar, pero queremos ir un pasiño máis alá, e non ser so unhas actividades de entretemento e goce, queremos  garantir ás familias un complemento educativo aos seus nenos e nenas, queremos proporcionar un modelo de intervención socio educativo baseado en temas transversais, que contribúan a un enriquecemento da formación como persoas, sumarlle a socialización e relación entre iguais, potenciar a cultura creativa en igualdade, emprendedora e emponderadora”.

E engaden: “non temos máis que agradecer novamente, a participación das familias, que ano tras ano animan aos seus fillos e fillas a disfrutar das actividades que organizamos desde o Concello de Ribadeo”. 

0.16685009002686