O Resurrection Fest de Viveiro únese a un festival europeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Resurrection Fest de Viveiro vén de unirse a outros doce festivais independentes de heavy metal europeos para facer un pulo en conxunto no chamado European Metal Festival Alliance.
xornadaterrademirnda
19 Xul 2020

O Resurrection Fest de Viveiro vén de unirse a outros doce festivais independentes de heavy metal europeos para facer un pulo en conxunto no chamado European Metal Festival Alliance.

Este festival europeo celebrarase do 7 ao 9 de agosto e contará con concertos de 35 bandas de todo o mundo, ademais de entrevistas e outras pregravadas.

As entradas para poder visualizalo poden adquirirse a través da súa web www.metalfestivalalliance.com por 6,66 euros e ademais entran nun sorteo de cen premios, entre os que hai unha pulseira que dará a posibilidade de acceder aos 13 festivais da EMFA durante 2021 ou a posibilidade de elixir a que festival dos 13 se quere ir gratuitamente o ano que vén ou abonos, entradas e descontos en merchandising.

Nesta macro festival participan os festivais Lendas do Rock de España, Bloodstock do Reino Unido, Alcatraz de Bélxica, ARTmania de Rumania, Brutal Assault da República Checa, Dynamo e Into The Grave dos Países Baixos, Metal Days de Eslovenia, Midgardsblot de Noruega, Motocultor de Francia, Party.San e Summer Breeze de Alemaña.

Nesa fin de semana poderase desfrutar de actuación como Rotting Christ, Butcher Babies, Orange Goblin, Heidevolk, Primordial, King 810, Amenra, Parasite Inc., Alien Weapondry, Venom Prisom, Mass Hysteria, Evergrey, Kampfar, Venom Inc., Unleash the Archers, Legion of the Damned, Dirty Shirt, Gutalax, Kissin’ Dynamite, Evil Invaders ou Pendejo! entre outros.

0.19452905654907