Apaga Ribadeo organiza varios cursos en xuño

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza tres cursos de soldadura, que se impartirán os días 20 e 27 de xuño e 4 de xullo.
8 Jun 2020

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza tres cursos de soldadura, que se impartirán os días 20 e 27 de xuño e 4 de xullo. Serán no Centro de Formación Pedro Murias, de Ribadeo. E prepara ademais un servizo de formación á carta para persoas desempregadas.

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, anunciou que “se van facer tres cursos case a finais de xuño. Un de soldadura con electrodo, o día20; outro sobre soldadura MIG/MAG, o día 27; e un de soldadura TIG, o 4 de xullo. Son os tres cursos programados e neste momento hai dous cursos online en marcha, un de vehículos eléctricos e outro de son”.

Doural dixo que “estamos preparando o noveno Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se vai realizar a finais de agosto. Imos facelo cun aforo limitado a 50 persoas. Aínda que de aquí a aló pode cambiar a situación e pódese ampliar, pero estamos a traballar con ese límite de participantes. Vaise facer un cambio bastante significativo respecto ao esquema de traballo. Vanse incorporar actividades lúdicas e algunha visita a empresas. Imos cambiar o formato aínda que algunhas cousas se van seguir mantendo como por exemplo os talleres”.

O presidente de APAGA manifestou que “no tema europeo despois de ter que parar todas as Mobilidades que tíñamos previstas para abril, maio e xuño, estamos reprogramando todo para o mes de setembro. Esperemos que non haxa rebrote e nos poida deixar rematar o proxecto deste ano 2020. Estamos á espera doutras dúas accións europeas que solicitamos fai uns meses”.

Álvaro Doural adiantou que “temos en mente preparar un proxecto, neste momento sen ningún tipo de axuda de entidades públicas, que é a nivel de formación para facilitarlle á xente que está sen traballo, que quere formarse para conseguilo, unha formación á carta. É un proxecto no que estamos traballando. Aínda falta moito por pechar, pero imos poñelo en marcha con recursos propios. É a nosa contribución á situación que vive neste momento A Mariña de Lugo, por unha parte o coronavirus e por outra parte a situación económica, peche de empresas e outras circunstancias que se están dando. Dentro das nosas posibilidades imos intentar paliar un pouco esta situación. No seu momento, cando estea preparado, faremos unha presentación e a partir de aí poñerase en marcha. Queremos abarcar principalmente o sector do automóbil, pero non descartamos que se poida tamén abordar outro tipo de sectores nos que se vexa que hai necesidade de xente formada. Eu creo que sen formación non hai futuro e iso cada vez vai haber que telo máis en conta”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16898703575134