Foz deu a coñecer aos premiados nos concursos on line
A Delegación de Educación e Cultura do Concello de Foz deu a coñecer os premiados nos concursos on line de fotografía, poesía e debuxo convocados a semana pasada e que contaron con cerca de cen participantes.
Despois de rematar onte, martes, o prazo para o envío dos traballos o concelleiro de Educación e Cultura, Héctor Moris, destaca a gran participación nos certames e agradece a colaboración da empresa focense Xaora Fotógrafos por doar os premios do concurso de fotografía.
A grañadora en Poesía aAdultos foi María Victoria Varela Varela, en Poesía Infantil foron Alina Rodríguez Dorrego e Pablo García Martínez.
Na categoría de Fotografía Adultos os agasallados foron Manuel Pardo e Julio López Janeiro, e en Xuvenil Antón Ramos Blanco e Daniela Ramos Manfugás, e na de Infantil foron Martiño Álvarez Alonso e Lara e Lucía González Torres.
Xa en Debuxo Bacharelato houbo tres premiados, David López Lapeña, David López Lapeña e Andrea Chao García. En Debuxo Eso foron Lucía Rocha Fernández, Lucía Rocha Fernández e Celia Fanego Fernández.
En Debuxo 2º Ciclo de Primaria houubo tres gañadoras Marta Chao García, Olalla Rodríguez Fraga e Sara Yu Valmayor Sánchez. En 1º Ciclo de Primaria, Paula Campo López, Adrián Méndez Rodríguez e Martina Paleo Segade.
Xa por último en Debuxo Infantil foron Martín Méndez Rodríguez, Elías Villamil Fernández e Vera García Rodríguez.