O 28 de marzo O Valadouro acollerá a II Xuntanza de vehículos clásicos
O próximo día 28 de marzo O Valadouro acollerá a II Xuntanza de vehículos clásicos, coincidindo coa festa dá Primavera de Ferreira.
Así como dunha comida norestaurante A Laranxa en Alfoz co seu correspondente roteiro.
O programa da xuntanza comezará ás 9.30 horas coa recepción e apertura de inscricións no centro urbano. Sobre as 13 horas comezará o roteiro turístico cara a Alfoz, e despois os participantes poderán gozar duns pinchos, para a continuación desfrutar do xantar.
Pola tarde será a entrega d epremios ao vehículo máis antigo, o piloto máis ancián, o vehículo que veña de máis lonxe e ademais premios aos tres asistentes mellos caracterizados.
Tamén haberá sorteo de agasallos e chegada a noite os presentes poderán gozar coa música do Mercado de Primavera.
A inscrición ten un prezo de 25 euros.
Para máis información haberá que chamar ao 689 745 218.