Habilitan seis vivendas de promoción pública en Ribadeo

AMariñaXa
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, no marco dunha visita institucional co fin de analizar diferentes temas de interese para o concello.
reunion Arias alcalde Ribadeo
8 May 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, no marco dunha visita institucional co fin de analizar diferentes temas de interese para o concello. A xuntanza serviu para coñecer de primeira man as demandas da entidade local en materias de competencia autonómica e para analizar proxectos para este exercicio e actuacións en marcha.

Entre elas Arias destacou que están actualmente en proceso de contratación o estudo para avaliar alternativas e a redacción do proxecto correspondente de cara á mellora do saneamento do núcleo urbano – por un importe de 280.000 euros - ou a redacción do proxecto de rehabilitación de tres inmobles das rúas Bispo Veres e Trinidade para habilitar seis vivendas de promoción pública – cun orzamento que ronda os 102.000 euros -.

Tamén resaltou a execución das obras de dragaxe no porto, nos que a Xunta está a investir preto de 2 millóns de euros co fin de mellorar a súa operatividade. E lembrou que a Consellería do Mar ten previsto realizar outras actuacións complementarias dirixidas a mellorar o entorno portuario coa pavimentación do porto comercial e do porto de Rinlo, situado na mesma localidade, no que se investirán 215.000 euros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17921495437622