17 concellos da provincia recibirán unha axuda para adquirir un punto limpo móbil

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Estes dispositivos sumaranse á rede de puntos limpos fixos, que garante que os veciños conten cunha instalación a menos de 10 minutos
punto limpo móbil pobra brollón 1
12 Oct 2021

Un total de 17 concellos da provincia de Lugo recibirán este ano axudas por un importe de preto de 660.000 euros para a adquisición de puntos limpos móbiles. Deste xeito, os municipios de As Nogais, Baralla, Folgoso do Courel, Trabada, O Páramo Begonte, Paradela, Bóveda, Becerreá, Antas de Ulla, Abadín e a agrupación conformada por A Pontenova, Pastoriza, Meira, Riotorto, Pol e Ribeira de Piquín, recibirán unha subvención para a adquisición deste tipo de vehículos cos que garantir a recollida de residuos urbanos.

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución coas 23 subvencións outorgadas ao abeiro da convocatoria realizada este ano pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que no conxunto da Comunidade beneficiará a un total de 31 municipios de menos de 3.000 habitantes e coas que poden cubrir o 100% do custo da compra deste vehículo, ata un máximo de 70.000 euros para unha solicitude individual, mentres que para unha agrupación de varios concellos pode chegar aos 100.000 euros.

Con esta liña de axudas mellórase e amplíase a xestión de residuos especiais de competencia municipal, co fin de favorecer a súa axeitada recollida, clasificación e preparación para a reutilización. De xeito paralelo, tamén se evita a proliferación de puntos de vertido incontrolado nas contornas e espazos naturais.

Os concellos teñen a posibilidade de escoller entre catro modelos de vehículos subvencionables: un contedor/caixa metálica de gran volume —modelo que poderá ser elixido só se a entidade local dispón de camión adaptado con equipo de gancho para a súa carga e traslado—; un remolque e contedor metálico de gran volume —sempre e cando o concello dispoña dun camión adaptado para a súa carga e traslado—; un camión con caixa e chasis; ou unha furgoneta adaptada con diferentes contedores ou compartimentos.

Así mesmo, con este tipo de incentivos avánzase un paso máis no cumprimento do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2020-2022, que outorga prioridade aos concellos de menos de 3.000 habitantes por ser o punto limpo móbil a opción que mellor se adapta as súas características.

Os 23 novos puntos limpos móbiles engadiranse aos 35 adquiridos ao abeiro das dúas convocatorias anteriores por un importe de 1,5 M€, que beneficiaron a máis dun cento de concellos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17083787918091