15 partidos de sanción para o agresor e 4 para o agredido na tangana do Vilalbés B-San Ciprián

TerraChaXa | AMariñaXa
O comité deu por válido o resultado de 3-1, polo que non se xogarán os tres minutos que faltan e o Vilalbés B queda ascendido
trifulca-en-cospeito-entre-o-vilalbes-b-e-o-san-ciprian
Un momento da trifulca
12 Xuño 2024

A Real Federación Galega de Fútbol fixo públicas as sancións ante os feitos acontecidos no partido de play de ascenso entre o Vilalbés B e o San Cipirián o pasado domingo, cando a agresión a un xogador por parte dun rival derivou nunha tangana á que se sumaron outros xogadores, familiares e afeccionados de ámbolos dous equipos.

O xogador xuvenil do Vilalbés B Carlos López, de 17 anos, foi sancionado con 15 partidos pola agresión e cunha multa de 75 euros.

O agredido, Rodrigo Pereira, do San Ciprián tamén recibiu unha sanción de 4 partidos por agredir a outro xogador e tamén deberá pagar 20 euros.

Por outra banda, os dous clubs foron sancionados cunha multa de 300 euros e a clausura das instalacións deportivas polo que deberán xogar os partidos a porta pechada.

O comité tamén decidiu que non se xogarán os tres minutos que quedaban, que eran do tempo de desconto, polo que se recoñece o resultado de 3-1, polo que o Vilalbés B ascenderá de categoría.

Agora queda por saber si se seguirán outro tipo de sancións ou amonestacións a outros xogadores que estiveron na pelexa, algúns deles xogadores tamén doutros equipos, e tamén a moitos dos asistentes que se sumaron á tangana.

0.17043995857239