Riotorto protagoniza un spot contra a violencia de xénero

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto participou e colaborou na gravación dun spot publicitario contra a Violencia de Xénero.
participantes no spot riotorto contra a violencia de xenero
19 Nov 2021

O Concello de Riotorto participou e colaborou na gravación dun spot publicitario contra a Violencia de Xénero, organizado pola Asociación Mujeres en Igualdade Provincial de Lugo (Bumei).

Esta peza será emitida en diferentes bloques na televisión, entre os días 21 e 25 de novembro.

No spot está representado o Concello de Riotorto, o Ceip de Riotorto e a asociación organizadora Bumei e contou coa participación de veciños, así como profesorado e estudantes do centro.

Esta actividade está relacionada coa celebración durante este mes do Día contra a violencia de xénero.

0.16104292869568