12 representacións teatrais ou musicais para o outono de Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro, a través da concellería de Cultura, informa do programa cultural no Teatro Pastor Díaz para a tempada de outono
teatro pastor diaz viveiro 2
15 sep 2022

O Concello de Viveiro, a través da concellería de Cultura, informa do programa cultural no Teatro Pastor Díaz para a tempada de outono. En total, o programa propón 12 representacións teatrais ou musicais entre os meses de outubro e decembro. Os xéneros son variados, incluíndo concertos, comedias, teatro familiar ou opcións máis clásicas. 

“Para o Concello de Viveiro, o acceso á cultura é unha prioridade de goberno. Por iso esforzámonos en coordinar este amplo programa, que ofrece opcións para todas as idades e gustos”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. 

Ademais, a programación deste ano está enriquecida nesta ocasión co espectáculo de “Camiño Escena Norte”, unha iniciativa que seleccionou a Viveiro como municipio no que recalarán varias obras de teatro do norte de España. Alén desta axenda cultural, o Concello de Viveiro organizará programacións puntuais para conmemorar distintas datas. 

“Cabe destacar que Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, regresará coa súa cuarta edición do 17 ao 23 de outubro, unha proposta que reivindica a importancia da inclusión na cultura”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega. 

PROGRAMA COMPLETO

A programación comezará no mes de outubro coa obra de teatro El Enjambre, continuando con Conexión Pingüín e Cubo, esta última dirixida a público infantil. 

O mes de novembro iniciarase co espectáculo de monicreques A Cazola de Lola e a proposta teatral Smoke on the water. Completan o programa do mes o Concerto de Santa Icía da Banda Municipal O Landro e a peza teatral Continente María, sobre María Casares. 

Por último, no mes de decembro Viveiro gozará dos musicais Fillas Bravas de Momán e Divertimento. Pecharán o programa os Seráns Teatrais Pinocús, o Concerto de Nadal e a Gala de Maxia.  

As entradas poden adquirirse de forma anticipada de luns a xoves no teléfono 982560162 en horario de 9.00 a 14.00 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es Tamén será posible adquirilas na taquilla do teatro 1 hora antes da función. 

Máis datos e sinopse das obras en: https://www.viveiro.es/backoffice/file/librillo-2022-2-2757.pdf    

programacion cultural viveiro
0.098850965499878