Maroto reunirase mañá coas partes implicadas na venda de Alcoa
O ministra de Industria Reyes Maroto, reunirase co comité de Alcoa, as centrais sindicais e a Xunta será mañá, 9 de xullo, un encontro ten como obxectivo buscar unha postura común que permita levar a bo porto a venda da fábrica de Aluminio de San Cibrao.
Unha vez celebrada esta reunión, a intención da ministra Reyes Maroto era viaxar á sede de Alcoa en Estados Unidos para verse co seu presidente, Roy Harvey, e tratar de desbloquear o proceso xa que a empresa insiste en que só venderá á SEPI e o Goberno quere manterse á marxe desta operación.
Os representantes sindicais comunicaron tamén que dous dos potenciais compradores enviaron a aceptación das condicións de venda de Alcoa, cuns mínimos cambios, e outros dous necesitarían negociar sobre as devanditas condicións para poder ser valorados.
Segundo indican dende o comité, a multinacional remitiu as catro propostas ao Ministerio de Industria e á Sepi e insta o Goberno a negociar con esas empresas e elixir comprador.
VIVEIRO
Doutra banda, integrantes do comité acudiron onte ao pleno municipal de Viveiro no que se debatía a súa moción para pedir ao Goberno a intervención temporal da fábrica e que foi aprobada.
Viveiro é un máis dos concellos da Mariña que se sumaron a esta acción e esta moción que tamén foi aprobada polo Parlamento e o Congreso.