Dúas viveirenses premiadas no certame de debuxo das Letras Galegas

AMariñaXa
As viveirenses Sofiya Insua Evtyukova e Elena Rivera Díaz foron premiadas na categoría de debuxo no Certame das Letras Galegas 2021
certame letras galegas viveiro 2021 1
14 Xuño 2021

As viveirenses Sofiya Insua Evtyukova e Elena Rivera Díaz foron premiadas na categoría de debuxo no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021, organizado pola Biblioteca Pública de Lugo. 

As dúas viveirenses foron premiadas concretamente, Sofiya Insua Evtyukova, de 7 anos e do CEP Lois Tobío, logrou o primeiro premio da categoría ata 8 anos. Doutra banda, Elena Rivera Díaz, do mesmo centro escolar e de 10 anos de idade, era a segunda clasificada na categoría de 9 a 11 anos. 

Ambas rapazas recibirán cadanseu premio nun acto que se celebrará no salón de actos da Biblioteca de Lugo, o vindeiro martes 15 de xuño. 

Por último, dada a actual evolución da situación epidemiolóxica, o Concello de Viveiro decidiu entregar fisicamente os premios das fases locais dos certames de debuxo e narración de Nadal e das Letras Galegas.

Os cativos gañadores recibirán os seus premios o vindeiro 18 de xuño na sala multiusos do Concello, ás 18:00 os do certame de Nadal, e ás 18:30 os concurso das Letras Galegas. 

certame letras galegas viveiro 2021
0.18870496749878