1.500 sinaturas para poder pescar en máis zonas do porto de Burela

AMariñaXa
O Colectivo de Pescadores recreativos de Burela rexistraron ¡no Concello 1.500 sinaturas pedíndolle que se asine o convenio con Portos
Merlin fest mondonedo 2022
13 Xul 2022

O Colectivo de Pescadores recreativos de Burela rexistraron 1.500 sinaturas pedindo que se asine o convenio con Portos.

O Colectivo de Pescadores recreativos de Burela rexistraron onte no Concello 1.500 sinaturas pedíndolle ó alcalde que asine o convenio de colaboración con Portos de Galicia no que se permite a pesca recreativa nos peiraos.

Diferentes concellos da costa de Galicia entre os que se atopa Cervo xa asinaron o plan da Xunta para poder aumentar os espazos nos que está permitida esta práctica.

Así, involucraron na recollida de sinaturas ao comercio local, así como aos pescadores pois a pesca recreativa trae riqueza para os diferentes segmentos da economía local tan afectada nestes tempos de post pandemia e crise."Somos parte do colectivo de pescadores recreativos do Porto de Burela", din dende o colectivo.

"Solicitamos que o Concello negocie con Portos a ampliación de zonas actualmente prohibidas, e outras permitidas como son o peirao comercial onde se estivo pescando un ano fóra de horas de traballo sen ningún tipo de incidentes, e que por presións da empresa concesionaria pechouse o acceso a pescadores e a poder facer ofrendas e rezos á Virxe do Carme, situada ó fondo do espigón e que tanta devoción ten no pobo", engadiron.

 

0.19489884376526