AMariñaXa
AMariñaXa
A Mariña aposta por un turismo sostible e sensorial durante todo o ano
A Mancomunidade impulsa o xeoturismo e a observación de aves para ofrecer experiencias únicas que poñen en valor o patrimonio natural e fomentan a desestacionalización
O PP esixe á Deputación que cumpra o compromiso de investir 1 millón de euros en Viveiro
Os populares acusan ao goberno provincial de PSOE e BNG de “abandonar” o municipio tras prometer en febreiro un investimento que, segundo din, “segue sen materializarse”
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Seis colectivos participarán entre o martes e o venres nas diferentes rutas do 'Coñece a túa provincia'
Atraco na oficina do BBVA de Burela
A Garda Civil investiga o roubo ocorrido no cruzamento entre a rúa Rosalía de Castro e Eijo Garay de Burela, á primeira hora da mañá
Os produtos da Serra do Xistral promocionaranse nunhas xornadas gastronómicas en xuño
Os días 7 e 8 poñerase en marcha a primeira experiencia piloto de Saberes do Monte, unha marca creada ao abeiro do proxecto RURALtXA!
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Lánzase o primeiro episodio de 'Folcast', o podcast da Deputación sobre oralidade
O capítulo ten como protagonista á cantareira Concha Casal Eiriz, Concha de Agrade, veciña desa parroquia chantadina e unha das informantes de Dorothé Shubarth
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Tomé preside a primeira reunión da nova executiva do PSOE, conformada no congreso do 10 de maio
O Pleno de Ribadeo aprobará avances clave para o centro de saúde e o apoio social
O Pleno Municipal aprobará a expropiación definitiva dos terreos para o ambulatorio e cederá un local á asociación local contra o cancro
Milleiros de voces novas alzáronse en Mondoñedo a prol da lingua galega
A festa do Correlingua encheu as rúas da cidade coa participación de máis dun milleiro de estudantes da Mariña, reivindicando con alegría o valor do galego
O CEIP Pedro Caselles percorre as festas tradicionais da Mariña no seu novo proxecto educativo
O alumnado de Infantil e Primaria mergúllase na cultura popular a través do proxecto “De festa en festa porque me presta”, cunha achega especial sobre o San Antonio da Rigueira
Arte e denuncia: tres creadores da Mariña exhiben unha obra efémera sobre a situación sanitaria
A instalación, unha mestura de pancarta e cadro, exporase ao aire libre como metáfora da vulnerabilidade dos pacientes ante as demoras e a falta de coidados
Antonio Rodil expón a súa obra na Casa da Cultura de A Veiga
O artista autodidacta de orixe taramundesa trae a súa mostra “A vida a través da cor”, unha viaxe visual entre paisaxes, figuración e surrealismo
Xove convida a reflexionar sobre saúde mental cunha charla-coloquio aberta á veciñanza
A cita será o venres 23 de maio ás 19:00 horas no Salón de Actos e contará coa participación de expertas da asociación Saúde Mental A Mariña
O Club Bádminton O Cembedo brilla en Xixón con sete podios no XVIII Open Ciudad de Gijón
A entidade viveirense acadou dúas medallas de ouro, dúas de prata e tres de bronce nunha destacada actuación en Asturias
O Concello de Trabada impulsa o alugueiro social coa rehabilitación das antigas escolas
Conseguida unha axuda de case 20.000 euros para mellorar a vivenda da antiga escola de Vidal, actualmente destinada a uso social
LugoXa | AMariñaXa
Lóstregos Lucus organiza o VII Desafío Lóstrego cunha ruta mototurística pola Mariña Lucense
Esta nova edición afástase da costa para adentrarse no corazón montañoso desta comarca do norte de Lugo
Viveiro abre o prazo de matrícula na Escola Infantil Municipal para o curso 2025/2026
As familias deberán formalizar a inscrición de xeito presencial antes do 2 de xuño
A Pontenova celebra a cultura galega coa VIII Foliada da Chocolateira
O evento celebrarase os días 6 e 7 de xuño con música tradicional, mercado artesanal, gastronomía e actividades para toda a familia
Sante lánzase á aventura co seu I Descenso de Carrilanas
A proba, puntuable para a Copa de Galicia, celebrarase o 24 de maio cun día cheo de velocidade, emoción e unha gran paellada popular
GaliciaXa
Suspéndense as actividades deportivas federadas na tarde deste domingo pola previsión de chuvia
En zonas da provincia de Lugo, así como no noroeste e interior da Coruña e nas comarcas do Miño, Sur, Montaña e Valdeorras en Ourense, a Xunta activou o aviso amarelo
A II Carreira pola Vía Verde unirá San Tirso, Trabada e A Pontenova o 7 de xuño
A proba deportiva, de 12 quilómetros, transcorre pola antiga vía do ferrocarril e rematará na Praza dos Fornos
AMariñaXa
Mondoñedo acolle a 11ª Xuntanza de Clásicos cun completo programa para amantes do motor
A cita será o 21 de xuño e reunirá vehículos históricos, deportivos e motos nun ambiente festivo
GaliciaXa
O Día das Letras Galegas de 2025 está dedicado ás mulleres que contribuíron á lírica popular
As mulleres elixidas para representar as cantareiras son unha mostra representativa daquelas transmisoras da cultura popular galega
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Caixa rural aproba as súas contas de 2024 cun resultado histórico
Destaca un beneficio neto de preto de 32 millóns de euros, o que supón un incremento superior ao 47% respecto do ano anterior
Aberto o prazo para solicitar as axudas Leader 2023-2027 en Terras de Miranda
A convocatoria, dotada con máis de 457.000€, permanecerá aberta ata o 30 de maio para proxectos produtivos e sociais
Nace na Mariña a banda feminina "Sen límites", con versións de pop contemporáneo
O grupo, formado por seis alumnas da Aula de Adultos do Conservatorio de Viveiro, estrearase en concerto o vindeiro 11 de xuño


